top of page
Collecting Eggs

GRANXA PITAGUDÍN 

OVOS DE PITAS SIBARITAS

Non somos calqueira granxa,somos un lugar no cal familias e amigos xúntanse para divertirse. As nosas PITAS SIBARITAS son moi amigables,e tanto se queres axudarnos na recolleita dos ovos,como botar con nós unhas parrafadas,serás sempre BENVID@!

Inicio: Bienvenido
Untitled

A NOSA HISTORIA

Así comezou todo…

-Neno,imos polas verzas pras pitas?
Cando non era máis ca un pícaro escoitaba case a diario esas verbas da miña avoa, a "BELI". Mentres eu só remexía,ela agasallaba aos animaliños da casa con tódolos coidados.Logo collía uns garabullos no berce do seu mandilón e acendía a cociña.
-Beli,hoxe non vai frío.-Rapaz,o teu avó está a piques de chegar.
Meu avó era Xosé,coñecido coma "Xosé do galiñeiro",adiviñade o por qué…e o que máis lle gustaba ó chegar á casa era meter os seus pés no forno e botar a sesta detrás da cociña naquel duro banco de madeira.Casualidade ou non,estaban inculcando en nós o valor dos pequenos detalles,o mimo e coidado dos nosos,pero ao mesmo tempo a paixón e o respecto polo rural e a natureza.
ELES FORXARON A NOSA ESENCIA,ELES SON PITAGUDÍN,E NÓS MANTÉMOLO VIVO.

Inicio: Nuestra granja

O NOSO PRODUTO

O sabor do rural galego

OVOS ARTESANAIS

O ovo é considerado un SUPERALIMENTO debido ó seu alto valor biolóxico. Melloran o crecemento e a reparación muscular,é cardioprotector,axuda ó control do peso e apoia ao sistema inmunolóxico.Ademáis pódense comer tódolos días dentro dunha dieta saudable xa que é unha boa fonte proteica natural.Os nosos ovos cambian coa época do ano. Isto é debido á natureza do alimento que lle proporcionamos,dependendo da tempada na que nos atopemos. Agora xa podes desfrutar das bondades da natureza.En PITAGUDÍN facemos todo co maior dos mimos,por iso os nosos ovos vense mellor,saben mellor e FANTE MELLOR. Compróbao ti mesmo!

Untitled

PRODUCIÓN LIMITADA

As nosas pitas viven en plena liberdade ó carón do Río Deza,que fai fronteira entre Vila de Cruces e Silleda.Gozan de pastos verdes os 365 días do ano,con parcelas en rotación e rexenerativas.
A súa PRODUCIÓN é LIMITADA debido ó máximo respecto que gardamos cos seus biorritmos,sen alterar baixo ningunha circunstancia a súa posta natural.Non usando luces artificiais,nin provocando ningunha situación que non sexa a propia dos animais.Isto provoca que durante o ano haxa altos e baixos no seu rendemento productivo,pero compensámolo coa SUPREMA CALIDADE que conseguimos de xeito natural,sen présas e cunha calidade de vida moi superior a outro tipo de crianza que non está baixo o amparo da "AVICULTURA ARTESANAL".

Untitled
Inicio: Productos

OVOS SELECTOS GALEGOS

Queres saber máis sobre a nosa granxa?Chámanos!

¡Gracias por tu mensaje!

Organic Eggs
Inicio: Contacto
bottom of page